jueves, 1 de diciembre de 2016

GIMP: TILT&SHIFT, SE BUSCA, FONDO CLON

Os obxectivos fotográficos chamados Tilt and Shift son obxetivos descentrables moi utilizados para fotografía de edificios. A súa particularidade é que poden desprazarse respecto ao plano focal da cámara, facendo que parte da escena se enfoque oblícuamente. O caso é que se descubriu que ditas fotos, feitas de determinada maneira, parecían maquetas de xoquete.

Para simular o efecto de "fotografía de maqueta" no Gimp, usaremos unha foto feita dende unha posición elevada (picado).
Superpoeremos outra foto igual, a desenfocaremos, e mediante máscaras de capa usando o degradado bilineal, simularemos a perda de profundidade de campo.
Logo retocaremos a man a máscara de capa.
Finalmente subiremos a saturación.

 Tendes que subir unha ou varias fotos feitas simulando o uso dunha lente descentrable (tilt and shift) mediante o programa Gimp, e tamén outra/s foto/s procesada/s a través do simulador que nos ofrece a páxina tiltshiftmaker .




Tamén subiremos a foto dun retrato de persoa simulando un cartel dos vellos "Búscase" (Wanted) usando diferentes modos de fusión de capas coa imaxe e o texto.
Necesitaremos unha foto e un fondo con textura, como pode ser un pergamino, unhas táboas, etc...
Como consello, se a foto ten fondo branco, usaremos os modos de fusión Multiplicar ou Ennegrecer, e cunha máscara de capa puliremos os cantos do retrato.
Tamén é recomendable eliminar o fondo do cartel e exportar con transparencia en png.
Como no exemplo:


Por último, colleremos un retrato fotográfico e duplicando a imaxe, escalamos e desenfocamos o fondo, integrando as dúas capas cunha máscara, de xeito que quede similar á foto do exemplo.


TESTS DE VISIÓN

Os adjunto una serie de tests para comprobar vuestra capacidad de percepción de los colores.




viernes, 4 de noviembre de 2016

GIMP: Desaturado Selectivo, Coloreado de foto en Blanco y Negro

Desaturar é eliminar a información cromática, é decir, a información da cor. Usaremos o GIMP para facer unha desaturación selectiva e logo empregaremos máscaras de capa para destacar mediante a cor un elemento.
Iso chámase desaturación selectiva, e é un recurso ideal para salientar ou contrastar ó suxeito principal da fotografía.
Teredes que facer unha foto dun taxi de New York e unha foto máis de temática libre a escoller por vós, como pode ser unha flor, unha peza de froita, etc... Podedes subir todas as fotos que queirades.

O proceso é sinxelo.
 Duplicamos a capa, a capa superior a desaturamos  Colores->Desaturar.
Cunha máscara de capa de cor branco pintamos co pincel negro a zona que queiramos deixar en cor. Se nos equivocamos podemos retocar a máscara co pincel blanco.




NOTA: Para pasar unha imaxe a branco e negro (desaturar) hai varias formas. Explicarei catro, aínda que as ideais son as dúas primeiras

1. Menú Colores - Desaturar. Escollemos entre as tres opcións a que máis nos guste (Claridad, Luminosidad ou Promedio)
2. Menú Colores - Tono y Saturación. O deslizador Saturación cara a esquerda vai diminuíndo a cor. Podemos escoller si aplicar o efecto a toda a imaxe ou a unha cor primaria.
3. Menú Imagen - Modo - Escala de grises. A imaxe perde a información de cor. Para poder usar cores unha vez transformada a imaxe, teremos que ir a Menú Imagen - Modo- RGB.
4. Sobre unha imaxe coloreada poño unha capa branca en modo de fusión Saturación.

_____________________________________________________


INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de fusión multiplicar pintando nunha capa transparente colocada sobre a foto orixinal.




Atoparás máis exemplos AQUÍ

E para escoller unha foto, escolle unha das que aparecen AQUÍ



viernes, 21 de octubre de 2016

GIMP




GIMP (acrónimo de GNU Image Manipulation Program) é un programa informático para a edición de imaxes en formato mapa de bits, coma por exemplo fotografías.
O proxecto foi iniciado en 1995 por Spencer Kimball e Peter Hattis. Actualmente é mantido por un grupo de voluntarios.
Existen versións para varios sistemas operativos. GIMP está licenciado baixo as clausulas da GPL.


Descarga a última versión de Gimp AQUÍ

Aprenda GIMP a los tropezones é un ebook e libro online con consellos sinxelos para profundizar no manexo do GIMP.
É un libriño feito por Iris Fernández no 2012  e ten 33 páxinas.

Nesta canle de Youtube de hai unha serie de vídeo onde vos guían pola aprendizaxe deste editor de fotos.

E no sitio de Jesusda atopareden un bo feixe de leccións relacionadas.

Foto de MEDO

Coa chegada do Outono temos de preto o Samaín, o Día de Todos os Santos, cando o velo que separa o mundo dos vivos do mundo dos defuntos é máis feble.

Para celebralo, imos a facer unha FOTO DE MEDO que publicaredes no voso blog, e asimismo vos invito a participar no Concurso de Fotos de Medo que convoca a Biblioteca de centro.

Atoparedes máis información AQUÍ.







Por outra banda, tendes tamén que zombificar a quen queirades e publicalo no Blog.


Exemplos doutros anos:

2013

viernes, 14 de octubre de 2016

WEBS DE FOTOGRAFÍA, HOSPEDAJE Y DIFUSIÓN.

Os presento algunas de las webs más reconocidas a la hora de colgar y difundir fotografías artísticas.

https://www.flickr.com/
FLICKR

https://500px.com/?lang=es
500 PÍXELS
https://1x.com/
1X

Zombificación con GIMP

Neste videotutorial amoso como facer unha transformación cunha foto e convertila nun zombie. 


Podedes coller os arquivos da práctica aquí.